Ir ó contido
  1. Proxectos/

Sintetizador analóxico de 8 voces de Polykit

2 mins· loading · loading · ·
Jmarino
Polykit Synthesizer Analog
jmmarino2.gitlab.io
Autor
jmmarino2.gitlab.io
Eu antes era moi indeciso. Agora xa non estou tan certo.
Táboa de contido
Rediseño das PCBs con compoñentes SMD para un sintetizador analóxico de 8 voces.

Descrición
#

As malas influencias na miña vida leváronme de novo polo mal camiño, e desta vez acabei nun proxecto moi interesante de Polykit. Tratábase en concreto dun sintetizador analóxico monofónico. Para ser máis exactos, o deseño estaba pensado de xeito modular para que fose posible construir un sintetizador polifónico co número de voces que se quixese, con só usar o número de tarxetas de voz que fixeran falla. O deseño gustoume moito, e o único inconvinte que lle vin era o tamaño considerable da PCB. Así que me puxen a redeseñar a PCB empregando compoñentes SMD, non coa intención de construir realmente o sintetizador, senón coma exercicio para adestrarme no uso de KiCAD (deseñar PCBs vai ben para quitar estrés). Poucos meses despois, Polykit publicou o deseño da placa de control, cuxa PCB tamén acabei redeseñando con compoñentes SMD.

Coidado! As miñas versións dos deseños de Polykit non están rematadas. Entre outras cousas cómpre revisar os tipos de condensador a empregar, do que á súa vez depende o tipo de encapsulado e polo tanto o deseño da PCB non se pode considerar definitivo. Polo de agora tan só son un exercicio teórico. Na placa de control, quedan cousas por decidir sobre cantos conectores deixar (hai que sacrificar algúns).

Ligazóns
#

Relacionados

Teclado MIDI capacitivo
2 mins· loading · loading
José M. Mariño
Midi Mpr121 Rp2040
WHAMMY
4 mins· loading · loading
José M. Mariño
Amplificador Auriculares Audio Clase A
Introdución ao procesado de son con microcontroladores STM32 e dispositivos I2S
3 mins· loading · loading
José M. Mariño
Stm32 I2s