Ir ó contido
  1. Proxectos/

Teclado MIDI capacitivo

2 mins· loading · loading · ·
José M. Mariño
Midi Mpr121 Rp2040
jmmarino2.gitlab.io
Autor
jmmarino2.gitlab.io
Eu antes era moi indeciso. Agora xa non estou tan certo.
Táboa de contido
Un teclado MIDI sen moitas pretensións, de montaxe sinxela.

Descrición
#

Xa fai tempo que tiña gañas de deseñar un teclado MIDI. Para os que non saiban nada sobre MIDI, é un protocolo de comunicación pensado para instrumentos musicais (e outros aparellos que non son instrumentos como tales, pero están tamén no allo). Este proxecto consiste nun deseño hardware para construir un teclado MIDI modular que abrangue ata oito octavas, xunto co software necesario para facelo funcionar. Este teclado non produce son. Necesita ser conectado por USB a un ordenador no que teñamos a correr un sintetizador (Fluidsynth ou similar).

Por último, só dicir que este proxecto foi o primeiro para o que solicitei a certificación de hardware aberto da OSHWA, e quedou rexistrado co número ES000046.

O sensor MPR121
#

O sensor MPR121 é un sensor capacitivo de 12 entradas. Unha ducia, como as notas dunha octava cromática. Nin que o fixeran con toda a intención. O único problema é que con este sensor non podemos detectar a intensidade, ou forza, de cada nota.

MIDI
#

Como xa dixemos antes, o MIDI é un protocolo de comunicación que foi deseñado hai uns cantos anos, moitos, pero segue a dar guerra. Básicamente, é unha comunicación serial na que se envían ordes para tocar unha nota e para deixar de tocala, o que sería análogo a premer unha tecla e logo soltala. Hai comandos para outras funcións, como cambios de instrumento e cousas así. Tamén hai instrumentos de percusión. O importante é que teñades claro que no MIDI non se transmite son, senon as instrucións para producilo. Dito de outro xeito, o MIDI é a partitura, mentres que un WAV ou un MP3 sería a grabación da interpretación.

Descarga
#

Si, si, xa vai. Aquí tedes o enlace ó proxecto.

Relacionados

WHAMMY
4 mins· loading · loading
José M. Mariño
Amplificador Auriculares Audio Clase A
Introdución ao procesado de son con microcontroladores STM32 e dispositivos I2S
3 mins· loading · loading
José M. Mariño
Stm32 I2s
O problema dos seis escintileos
5 mins· loading · loading
José M. Mariño
Repair TV Sony
Reparación da Samsung SPP-2020B
3 mins· loading · loading
José M. Mariño
Repair Samsung Printer Spp-2020b